O programa completo da Mostra de Olería de Buño
31 de xullo de 2026 (09:02 h.)
Xa arrincou a XLI Mostra da Olería de Buño. Este xoves xa abriron as casetas para a venda dos oleiros e oleiras da vila malpicá, con horario de 11:00h a 14:00 e de 17:'00h a 20:00h.
A partir de hoxe venres 31, Día do Neno, xa comeza a haber unha serie de actividades máis ampliadas, que non pararán ata o domingo.
VENRES 31 XULLO (Día do neno)
- 11:00 Animación infantil con hinchables da man de "Divir "
- 13:00 Demostración ó torno de Rubén de Risco Estudio.
- 17:00 Obradoiro de barro para nenos a cargo de Alfarería O Rulo, Alfarería Feituras e Ana Visos.
- 17:00 Animación infantil con hinchables da man de "Divir"
- 17:30 Actuación do grupo de música tradicional galega "Os Jaitas Blue"
SÁBADO 1 AGOSTO
- Dende as 11:00 e durante todo o día haberá pasarrúas musicais e visitas ó Ecomuseo Forno do Forte para asistir á "II Cocedura Tradicional Aberta"
DOMINGO 2 AGOSTO
- 12:00 Demostración ó torno de Pablo de Risco Estudio
- 13:00 Actuación da Asociación de música e baile tradicional "Raigañas"
- 18:00 Demostración ó torno do Rulo
- 21:00 Peche da Mostra