O PSOE provincial toma nota do estado da pesca artesanal en Malpica

Walter Pardo, Bernardo Rodriguez e Patricia Otero

Bernardo Fernández, estivo esta fin de semana en Malpica para escoitar ás persoas que traballan no sector da pesca. Acompañado do portavoz do PSOE de Malpica, Walter Pardo, e da secretaria de Pesca do PSdeG, Patricia Otero, a xornada serviu para achegarse a complexa realidade da pesca artesanal o novo secretario xeral provincial do PSOE.

“Estase a tramitar unha nova lei de pesca por parte do goberno central e queremos enriquecer ese texto coas propostas dos que mellor coñecen o sector”, asegurou. “Queremos que a lei se adapte da mellor maneira posible ás necesidades do sector, que sufre ademais o desleixo da Xunta”, engadiu o secretario xeral.

Mostra

Ademais, a visita tamén recordou a aposta da Deputación pola Mostra de Olería, cunha achega de 80.000 para a importante cita desta fin de semana. “A partida é unha petición expresa do socialista Walter Pardo, que solicitou este apoio á mostra antes de verse obrigado a deixar a alcaldía de Malpica pola moción de censura”, aseguran dende a Deputación, que destacan que o investimento provincial servirá para cubrir o 80% dos gastos da Mostra.