O Quinteiro devolve o teatro a Buño

A Asoc. Cultural O Quinteiro vén de rescatar o teatro para a vila de Buño. Este sábado, 7 de marzo, no CAT (A Camposa – Buño), ás 19:30 h. reciben a Vagalume Animación coa súa comedia "Operación Barranco"

O grupo afeccionado trae unha comedia que se desenvolve entre identidades ocultas, matrimonios en crise, amores mal resoltos e operacións que nunca deberían levarse a cabo, disfrutaremos dunha comedia coral chea de retranca galega onde cada personaxe, ao intentar solucionar os seus problemas, acaba precipitando aos demais directamente ao… barranco.

Non é necesaria inscrición pero o aforo é limitado así que procura ser puntual