O Quinteiro prende a Luz e a Maxia do Nadal

A árbore colocarase no xardín da Praza de Buño, en fronte da Praza de santa Xusta

A familia do Quinteiro, en Buño, ponse de Nadal e xa prepara a primeira actividade. Este sábado 6 hai unha xornada completa para prender o Nadal, na Praza de Buño.

A partir das 16:00 h, convocan un Obradoiro de adornos de Nadal: dirixido a nenos e nenas (deben de asistir acompañados de un adulto). Nel elaboraranse adornos artesanais que despois formarán parte da decoración da gran árbore de Nadal de Buño.

De contado, trasladaranse á Praza de Buño (xardín fronte á Praza de Santa Xusta), onde se instalará a máxica árbore, que se decorará cos adornos feitos no obradoiro e os que leve a veciñanza.

Xa ás 18:30h, prenderase o acendido das luces da árbore de Nadal, acompañado de chocolate quente e panxoliñas, e ao acubillo dunhas haimas se chove.