A Realidade Virtual chega á nas Aulas dos IES de Malpica e Vimianzo con Vieiro

Realidade Virtual nas Aulas dos IES de Bergantinos con Vieiro

O IES Urbano Lugrís de Malpica e o IES Terras de Soneira de Vimianzo acollen este mes unha orixinal actividade virtual, promovida pola Asociación Vieiro de Carballo. A actividade “Nas túas mans”, n proxecto da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade valenciana, ten como obxectivo fomentar o debate sobre diversos temas que afectan aos adolescentes, como o consumo de alcol, a presión social, o acoso escolar, o uso das redes sociais e o comportamento responsable.

O alumnado de primeiro e segundo de ESO destes centros participa nesta experiencia inmersiva. Equipados con cascos de realidade virtual, os adolescentes mergúllanse nunha experiencia en primeira persoa que lles permite vivir unha serie de situacións. En cada escenario, o protagonista debe tomar determinadas decisións e elixir como actuar. Dependendo da opción escollida, as respostas determinarán o curso da historia, o que levará a un resultado diferente. Ao mesmo tempo, mostraranse recomendacións sobre o tema abordado en cada punto da historia.

Ao final desta experiencia inmersiva, cada grupo reflexiona sobre as decisións que tomou ao longo da historia, como estas decisións poden influír en si mesmos e nos demais, e se se aliñan cos valores persoais que o alumno seleccionou ao principio. A continuación, abrirase un debate sobre como as decisións, mesmo as máis pequenas, poden ter consecuencias reais no noso entorno.

Con esta iniciativa, a Asociación Vieiro busca promover o pensamento crítico e a autonomía persoal, animando aos adolescentes a tomar decisións máis conscientes e responsables a través desta nova tecnoloxía como ferramenta para achegar a promoción da saúde aos mozos dun xeito máis atractivo, dinámico e atractivo.

Esta iniciativa enmárcase como un complemento aos contidos que Vieiro desenvolve ao longo do curso a través dos obradoiros que imparte nos centros educativos.