Recunchos da Costa: O cabo e a ermida de San Adrián
07 de xullo de 2012 (09:05 h.)
Imos de novo ata Malpica, e quedamos desta volta en fronte das misterioras e cheas de lendas Illas Sisargas. De feito, para contemplalas en todo o seu esplendor dende terra firme, non hai mellor lugar que a zona do Cabo de San Adrián (ou San Hadrián). Dende a ermida poderemos velas entre nós e o groso Atlántico e poderemos percorrer uns camiños ata situarnos a miralas en fite.