Rescatado un pescador en apuros nas rochas de Malpica

Esta pasada tarde de luns, os servizos de emerxencias acodiron ás 18:00h ao rescate dun pescador que caera nunha zona rochosa do porto de Malpica.

Policía Local, da Garda Civil e de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, acodían ao lugar e tamén eran avisandos Salvamento Marítimo, Servizo de Gardacostas de Galicia, Bombeiros de Bergantiños, GES de Ponteceso e Protección Civil.

Unha vez rescatado, o pescador foi atendido dun golpe na cabeza polo persoal sanitario.