Rescatan un percebeiro ferido ao caer nas rochas das Illas Sisargas

O Helimer sobrevoando Malpica

Non accidente dun percebeiro nas crúas rochas do Atlántico. Desta volta foi nos cantís Illas Sisargas, ata onde se tivo que desprazar o Helicóptero de Salvamento Helimer para salvarlle a vida aun percebeiro do lugar que traballaba.

Foi outro percebeiro o que arredor das 15:30h lanzaba o aviso ao 112, deixando claro que se atopaban nunha zona de difícil acceso por terra.O 112 mobilizou Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia - 061, a Salvamento Marítimo, á Garda Civil e á Policía Local de Malpica.

O ferido foi trasladado ata ata o aeroporto de Alvedro, na Coruña, desde onde foi evacuado polos servizos sanitarios ata o CHUAC.