Salvamento Marítimo realizou un silencioso e necesario seguemento dun buque holandés con problemas dende as Sisargas ata Langosteira

Seguemento nocturno do buque Zeland Delila dende Sisargas ata Langosteira por Salvamento Maritimo

Este pasado domingo, o servizo de Salvamento Marítimo desenvolveu nas nosas augas unha desas accións de seguemento preventivo que, por sorte, non se convertiron nunha dramática nova. Desta volta, o Servizo quixo facer pública a acción para darnos conta de que, aínda en silencio, é cando máis traballan.

Eran as 15:22h do domingo, cando o buque Zealand Delilah (con bandeira dos Países Baixos) con 15 tripulantes e unha vía de auga incontrolada mentres navegaba a 30 millas Illas Sisargas, solicitaba un porto para o seu abrigo, confirmando que pode navegar. Capitanía Marítima autoriza o porto da Langosteira,en liña recta a penas unhas millas, e o Centro de Salvamento en Fisterra mobilizou o buque SAR Gavia para escoltalo ata destino, onde quedou atracado, afortunadamente sen novidade, a últimas horas do domingo, xa de noite.

Explican que “ao longo do seu travesía e como medida preventiva, o buque, cargado de cacao, foi seguido desde terra, mar e aire, concretamente desde os nosos centros de Finisterre, Madrid e A Coruña; polo SAR Gavia escoltándole e o Don Inda en stand by e en reiteradas veces polo helimer 401. Ao longo do ano facemos moitos destes seguimientos preventivos, listos para intervir directamente si é necesario. Poucos chegan a noticia; pero todos dan seguridade a quen máis a necesita neses momentos”.