Sergio García Villar, novo coordinador do PSOE de Bergantiños

Sergio García Villar, á dereita, xunto con Aitor Bouza, membro da Executiva da Agrupación Provincial Socialista da Coruña

Pensando xa nas municipais do vindeiro maio 2023, o PSOE comarcal vai movendo fichas. Anunciaba este sábado que Sergio García Villar, concelleiro no Concello de Malpica, é o novo coordinador do partido na comarca de Bergantiños.

“Será un traballo duro pero estamos preparados, pensando sempre no beneficio dos veciños, ofrecendo ilusión, honestidade e un proxecto progresista”, destacou Sergio.

Os socialistas agradecen o traballo do anterior coordinador comarcal, José Antonio Viña.