Só falta o equipamento para a apertura do Centro de Saúde de Buño

Visita institucional ao Centro de Saude de Buno

1.600 persoas das parroquias de Malpica xa teñen o seu novo Centro de Saúde en Buño. Representantes da Xunta visitaban a zona para a recepción, este venres as obras de urbanización do exterior, executadas polo Concello, quedando só pendente o equipamento para que o centro poida abrir as súas portas.

O Centro contará cunha área médica con dúas consultas de medicina de familia, unha de enfermería e unha sala polivalente; ademais dunha área de administración cun arquivo, almacéns e outros servizos comúns, necesarios para o correcto funcionamento do centro. Xunto ao conselleiro acudiron a Buño representantes da Xunta e do Sergas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Malpica.