O surfista Maruliño e a orca IO chegan a Buño en forma de libro
Nova actividade prepara a familia da Asociación de Veciños e Sociocultural O Quinteiro de Buño. Este sábado 20 de novembro ás 19:00h celebra no Cat de Buño a presentación do libro “El encuentro”. Escrito por David Blanco de Rojas e ilustrado por Catalina Rodríguez Villazón, “El Encuentro” conta a historia de Maruliño e IO, un mozo surfista da Costa da Morte e unha orca ibérica que nos revelan que é posible relacionarse co mar e a vida que o habita dun xeito máis respectuoso.
”El Encontro” comezou como unha ferramenta educativa deseñada para o proxecto deportivo-educativo «Aprende a través do surf», e xa tivo a súa edición dixital hai 2 anos. Pero o recorrido continúa co apoio da organización MSC Pesca Sostible, e coa axuda e o sesoramento da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) e da Confraría de Pescadores de Malpica de Bergantiños.
”El Encuentro” xa está dispoñible na páxina web da editorial Libros del Océano e, a partir do venres 19 de setembro, en librarías e tendas de todo o país.
O autor David Blanco de Rojas (Madrid, 1978), cumpriu brevemente o seu soño de converterse en surfista en busca dun verán sen fin. Residente intermitente nas costas Cantábrica, Balear, Catalá e Canaria, leva tempo afincado en Malpica, decidido como activista ambiental David Blanco de Rojas cumpriu brevemente o seu soño de converterse en surfista en busca dun verán sen fin. Non obstante, en 2011, tras tomar plena conciencia do problema causado pola contaminación humana no mar, deu un xiro radical na súa vida e converteuse en activista ambiental. Actualmente reside na comarca de Bergantiños, e dirixe o proxecto deportivo-educativo "Aprende a través do surf". Utilizando o surf como ferramenta para educar e transmitir valores ao alumnado, o proxecto promove unha mellor relación entre as persoas e o medio natural, desenvolvendo conceptos como o surf terapéutico, o surf igualitario, o surf inclusivo e o surf ecolóxico. Máis de 15.000 escolares de diversas zonas do país gozarán do proxecto durante este curso.