Tres nenos da Costa da Morte, entre os finalistas de “Deseña unha xoia para túa nai”

Sorpresa a que nos dan tres pequenos cativos coas súas propostas. I é que a creatividade e orixinalidade dos deseños de xoias de tres cativos da Costa da Morte sobresaíu entre os máis de 8.000 participantes de toda Galicia. O xurado da VI edición de “Deseña unha xoia para túa nai” xa elixiu aos oitenta finalistas que este ano optan ao premio que convoca o Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia. Tres deles son da Costa da Morte: as nenas de 11 anos Yaiza Gómez Tasende e Andrea Moreira Pose, do CEIP Milladoiro de Malpica, e a pequena de 7 anos Yomara Amado Ruiz, do CEIP Vilarmide de Muxía.

Eles, xunto cos outros 77 finalistas, destacaron entre os máis de 8.000 nenos e nenas de toda Galicia que este ano enviaron as súas propostas a “Deseña unha xoia para túa nai”. Nun difícil proceso de decisión, o xurado, composto por profesionais da xoiaría, a educación, a prensa e o mundo do arte, seleccionou 20 finalistas para cada unha das categorías do concurso (ata catro anos, de 5 a 7, de 8 a 10 e de 10 a 12).

Así, os gañadores coñeceranse o próximo 24 de abril, na entrega de premios que se celebrará no CGAC de Santiago de Compostela. E haberá premio pois varios xoieiros asociados a COXGA convertirán os deseños dos pequenos en pezas reais.

Estaremos atentos ao que nos conte o COXGA.

Fonte

  • COXGA.