Un ano máis de poemas eróticos nas Sisargas

As Illas Sisargas son un lugar para soñar, onde o erotismo pode ser un dos protagonistas. O simbolismo do lugar dá pé a toda clase de interpretacións e de aí que leven o nome do único certame de poesía erótica de toda Galicia.

Así, un ano máis, e xa van 7, a Asociación Cultural Caldeirón artella, coa colaboración do concello malpicán, o VII Certame de poesía erótica "Illas Sisargas". O prazo de presentación de obras inéditcas de temática erótica está aberto ata o 24 de outubro.

O gañador, xa vimos entre outros a María Lado, recibirá un premio único de 1.000€ e a publicación na colección Caldeirón. O premio coñecerase o 10 de novembro durante a Cea das Letras, onde ademais se presentará a publicación do libro gañador do ano pasado, o Carnia Haikai de Elvira Ribeiro.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Malpica.