Un falecido en Buño completa unha nefasta fin de semana nas estradas costeiras
28 de abril de 2013 (17:05 h.)
Comezaba a fin de semana na mañá do venres cun accidente entre camións que se cobraba a vida dun home de Miño. A mañá do domingo tamén amencía con outro accidente, desta volta en Buño, en Malpica, onde 3 vehículos colisionaban nunha recta.
Finalmente, un veciño de Ponteceso, de avanzada idade, falecía, mentres un dos ocupantes doutro vehículo tiña que ser trasladado ao Hospital.