Unha muller de 95 anos tivo que se atentida en Malpica ao inundarse a súa casa trala rotura dunha tubería

[fbvideo link="https://www.facebook.com/quepasanacosta/videos/10155527772302177/" width="600" height="400" onlyvideo="1"] Mañá movida en Malpica esta do martes 5 de setembro. Ao longo da noite, rompíase unha tubería prinicipal da distribución municipal de augas, provocando ademais da perda de milleiros de litros nun momento de seca coma este, a inundación de varias vivendas e garaxes. A rotura tivo lugar na rúa Emilio González López, pouco máis arriba do propio Concello, provocando que as casas que os sotos das casas que están por debaixo do nivel da rúa, quedasen completamente anegadas. Ata 5 pisos soterrados teñen algúns dos edificios malpicáns que dan á praia, provocando unha altura de 8 ou 10 pisos dende o paseo marítimo. Nunha das casas anegadas vive unha muller de 95 anos, que tivo que ser atendida polos efectivos de emerxencia. Garda Civil, Protección Civil e a Ambulancia acodiron ao lugar, como fixeron o alcalde e o teniente alcalde, para ver como estaba a señora. Estaba na cama, pero espertar no medio dunha marea de auga provocoulle un estado de histeria importante. En todo caso, non quixo ser trasladada na ambulancia e esperou que o seu fillo viñese buscala.

Traballos en marcha

A primeira da mañá xa se procedeu a cortar a auga, e os operarios xa localizaron o problema (unha T que rompeu) e están traballando no seu arranxo. En cuestión de dúas ou 3 horas (é dicir, probablemente ao mediodía)e, se non hai máis complicacións, a auga volverá funcionar con normalidade na zona. Ademais, o Concello xa chamou ao seguro para valorar danos e unha empresa está traballando para limpar os garaxes as zonas comúns afectadas.

FDonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).