Unha necesaria limpeza ás esquecidas Illas Sisargas

Limpeza de Mar de Fabula nas Illas Sisargas

Que valiosas son estas saídas da Asociación Mar de Fábula chegando a onde só o plástico é capaz de chegar. Lembramos accións como a valente limpeza de Punta Caghada ou o repaso ao imán fisterrán dos envases. Desta volta, o pasado luns, unha pequena expedición da asociación ambientalista desprazáronse ata as Illas Sisargas para meterlle unha boa frega.

E falta que facía, pois aínda que parece un lugar separado da man humana, a falta de atención provoca que o lixo se vaia acumulando. Así, pese a ser un lugar paradisíaco de gran valor natural con varias figuras de protección como Zona de Especial Protección para as Aves, as visitas descontroladas e os coidados que a lei esixe para este tipo de espazos, son totalmente ignorados polas administración.

Dende a entidade queren dar un especial agradecemento ó concello de Malpica por poñer á súa disposición dous barcos para transportar aos membros da expedición e aó produto da súa limpeza, así como de facerse cargo de todo o lixo que recolleron. En total foron 15 sacos grandes de lixo mais unha morea de pesadísimas redes, cabos e estachas que tiveron que cargar ó lombo. O 90 porcento do lixo recollido foron artigos da pesca e dos barcos, pero sempre en calquera lugar está presente o noso lixo cotián que utilizamos e desleixamos sen pensar sequera onde pode ir parar.

”Ata descobrimos unha nova especie endémica de peixe con patas á que nomeamos "Peixis sigarmun””, bromean dende a entidade.

A cita tivo o seu susto, e o bo de Xosé Manuel Barros tropezaba nunha das boleiras e tiña que ser trasladado ao centro hospitalario ceés para enxesar o brazo. Esperemos que se recupere pronto.

Fotos de Isa G.

Artigos de Xosé Manuel Barros

Novas relacionadas

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Mar de Fábula