Unha vintena de mancomunidades costeiras reciben axudas de valorización forestal da Deputación

Monte de pinos

A Deputación da Coruña vén de aprobar para entidades asociativas agrarias e labregas da provincia. Son achegas para desenvolver actividades silvícolas e de valorización forestal, orientadas ao fomento do sector primario para a posta en marcha de novos proxectos.

As comunidades de montes reciben gran parte destas axudas, coas que se financia a realización de traballos silvícolas, proxectos de valorización de produtos forestais e a adquisición de maquinaria e ferramentas.

17 mancomunidades na Costa

Na zona de Muros as achegas foron concedidas as mancomundidades de montes de Sestaio de Arriba e Fondo (2.000 €), Serres (4.000 €), Tal (4.000 €), Vistabós-Torea-Muros (4.000 €), Santa Mariña de Esteiro (2.000 €), Lugar Amira (4.000 €), Monte Agudo (1.800 €) e Eiroa (4.000 €), mentres que en Mazaricos recibiron achegas as comunidades de montes veciñais do Lugar de Lamaspín (4.000 €), Santa Baia (4.000€), Louro (2.198 €) e Xian, Furiño e Outros (2.000 €).

Na comarca de Bergantiños e a Costa da Morte, as subvencións provinciais recaen nas entidades de Ginedo e Neme (Malpica), con 4.000 €; Monte Ramil Rus (Coristanco), con 4.000 €; La Toja Vimianzo, 2.000 €; Ogás, con 1.800 €, e A Valiña, con 1.800 €.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).