Volve o Pintar na Rúa a Malpica e a Zas

O paseo da Praia de Malpica é o lugar escollido para o proxecto artístico Pintar na Rúa Cumprindo todas as expectativas de participación, onte puxéronse en marcha as novas edicións de "Pintar na Rúa" en Malpica e en Zas. O obxectivo destes proxectos artísticos é recuperar espazos degradados. No caso de Malpica participan 20 nenos e nenas - de entre 6 e 14 anos - que se reparten en dúas quendas (de 11 a 12:30 e de 12:30 a 14 horas) co espazo do Paseo da Praia no que van pintar e coa súa monitora, a artista Paula Fraile, que por terceiro ano consecutivo imparte o obradoiro. Tamén os acompañaron o alcalde, Eduardo Parga, e o concelleiro Miguel Fernández, que animaron aos participantes a seguir enchendo de cor os muros malpicáns. Deste xeito, Pintar na Rúa seguirá cambiando a faciana urbana de Malpica. Despois da explosión de cor do ano pasado no muro situado entre os bares Submarino e Leño, as nenas e nenos pintarán nesta ocasión na mesma zona, nunha parede que xaempezaron a preparar hoxe con lixas e imprimación para poder empezar a aplicar a pintura, que é o que máis lles gusta, o antes posible. O motivo é un segredo moi ben gardado polo momento por Paula Fraile e a rapazada, pero seguirá a liña trazada o verán pasado. Semana cultural de Zas
Uns 25 nenos e nenas participan no obradoiro de Pintar na Rua organizado polo concello de Zas Tamén en Zas comezou hoxe o obradoiro "Pintar na rúa" que se enmarcar dentro da Semana Cultural organizada polo concello. En total participan 25 nenos e neas que durante toda a semana e baixo a dirección de David Planas recuperarán con pintura a zona do pavillón do vila. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Malpica
  • Concello de Zas