Arriba, os Sendeiros de Razo-Baldaio e a Ruta Costa da Morte de Camariñas. Abaixo as praias do Ézaro e de Laxe. Todos lucirán a Bandeira Azul este verán de 2018
A Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor acaba de publicar a relación de praias, portos e sendeiros (unha novidade este curso), que lucirán Bandeira Azul este verán de 2018. Cómpre destacar que Galicia está na zona alta das catalogacións, acaparando case un 25% das 590 bandeiras azuis de toda España, e ocupando a primeira posición no número de recoñecementos para os sendeiros azuis.
Entre os sendeiros recoñecidos temos oSendeiro Costa da Morte de Camariñas e a Senda de Mar: Razo-Baldaio, en Carballo.
Precisamente Carballo protagoniza a novidade deste ano en canto ás praias con Bandeira Azul, pois Razo recupera a catalogación perdida o ano pasado. Fan así 10 as bandeiras azuis este ano, ás mesmas que o ano pasado, pois a Costa perde a Bandeira da praia fisterrá de Langosteira (zona norte).
Carballo e Ponteceso, con 3 bandeiras son os concellos máis recoñecidos, mentres Muros, Dumbría, Camariñas e Laxe apostan pola súa praia forte.
En canto aos Portos deportivos, se o Club Náutico de Camariñas xa é un clásico da Bandeira Azul, o Porto de Muxía repite recoñecemento despois de entrar o hai dous anos na roda da Bandeira Azul.
Os criterios esixidos para a obtención de bandeiras azuis están relacionados coa calidade das augas, que ten que ser excelente; a seguridade, a completa dotación de servizos, a accesibilidade, a atinada xestión ambiental e a sustentabilidade dos areais e das dársenas. Ao mesmo tempo a consecución da Bandeira require un gran das administracións locais que, en todo caso, de seguro que ten a súa recompensa en materia de imaxe turística e mesmo autopromoción..
Praias con Bandeira Azul da Costa da Morte
Concello
Praia
Muros
San Francisco
Dumbría
Ézaro
Camariñas
Arou
Laxe
Laxe
Ponteceso
Valarés
Ermida
Osmo
Carballo
Razo
Saíñas
Pedra do Sal
Sendeiros azuis na Costa da Morte (novos en 2018)
Concello
Sendeiro
Camariñas
Sendeiro Costa da Morte
Carballo
Senda de Mar: Razo-Baldaio
Portos Deportivos con Bandeira Azul da Costa da Morte