15 novos permex de percebeiro nas confrarías de Muxía, Corme e Malpica
03 de marzo de 2017 (07:06 h.)
A Consellería do Mar convoca 15 permisos de explotación para a cobertura de prazas vacantes na extracción de percebe a pé nas confrarías de pescadores de Muxía, Corme e Malpica. Deles 8 son para Muxía, 6 para Corme e 1 para Malpica.
O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles. As solicitudes e a documentación acreditativa deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta ( HYPERLINK "https://sede.xunta.es" https://sede.xunta.es). Os interesados poderán consultar as convocatorias na páxina web da Consellería, a de Muxía neste enlace a de Muxía, aquí a de Corme e aquí neste outro a de Malpica.
Novas relacionadas
Artigos para calafatear
- Calafateando: Un día na vida dun pescador artesanal.
- Calafateando: Un día especial na vida dun percebeiro.
- Calafateando: Bañistas si. Furtivos… non, grazas!!!.
- Diario dunha mariscadora.
- A veda do polbo: necesaria… pero suficiente?.