A toxina lipofílica obriga a pechar a ría de Corcubión

A ría de Corcubión permanece pechada ao mariqueo desde o vernes Dende o pasado venres, a ría de Corcubión permanece pechada á extracción de moluscos infaunais (navalla e berberecho) debido á expansión da toxina lipofílica, ou tamén coñecida como diarreica. Segundo os controis analíticos do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño - Intecmar - os valores de toxina na ría son altos, polo que se descoñece a data de apertura. Xunto coa de Corcubión, tamén está afectada a ría de Muros e Noia. A confraría de Fisterra manifestou que xa enviou esta mesma mañá as mostras pertinentes para que o marisqueo se abra o antes posible. A diarreica é a toxina máis frecuente e que a súa chegada é froito dun proceso natural e necesario que nutre aos moluscos no interior das rías.   Novas relacionadas Fonte 
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)