Aparecen dous novos golfiños nos areais de Muros

Golfiños varados en Ancoradoiro e Area Maior-Muros-Fotos-Manuel Maria Candamo O temporal de mar destes días está tendo consecuencias na fauna mariña do océano. Nun par de días, a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma Cetáceos leva rexistrados unha ducia de varamentos en todo o litoral atlántico. Entre eles, dous golfiños aparecidos nas praias muradáns do Ancoradoiro e Area Maior. Outro aparecía en Arteixo, e en Muxía fai unha semanas que aparecía un caldeirón Rápidos chegaron os responsables que realizaron in situ un despezamento que serviu para que algún tivese unha clase maxistral en directo: https://www.facebook.com/manuelcandamosendon.candamosendon/videos/2023269784555065/?t=262  
O CEMMA recollendo un golfiño varado en Muros-Foto-Manuel Maria Candamo

Luimux

Dende o CEMMA nos contan que o pequeno lobo mariño rescatado con vida en Muxía hai 15 días, segue a súa recuperación no centro., esperando poder voltar ao seu hábitat.
O león mariño Luimux rescatado en Muxía por Protección Civil hai unhas semanas recuperase no CEMMA  

Máis novas de fauna mariña

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).