Atopan o corpo do pescador que caía o mar o pasado 28 de outubro en Camariñas

O corpo apareceu esta mañá na praia de Portocelo en Camariñas Esta mañá de xoves 29 de novembro aparecía, sobre as 10:00 da mañá, o corpo do pescador que caera a auga a finais do pasado mes de outubro. Atopárono, na cala de Portocelo, ao carón dunha cetárea, en Camariñas. Se ben o corpo está nun alto estado de descomposición, e hai que confirmar a identidade coas probas de AND, o feito de aparecer con roupa de augas semellante a que describiran os seus compañeiros de pesca, fai indicar que se trata deste rapaz de 24 anos residente en Bertamiráns. Foron longas as xornadas de búsqueda por toda a ría, mesmo con algunha xornada intensiva como a protagonizada por ducias de efectivos de Protección Civil de toda Galicia.
Imaxe dun dos operativo de busca pola zona da Ermida do Monte

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/efectivos-de-proteccion-civil-de-toda-a-provincia-axuda-na-busca-do-mozo-desaparecido-en-camarinas/ https://quepasanacosta.gal/buscan-un-pescador-que-caeu-ao-mar-en-camarinas/

Máis novas

https://quepasanacosta.gal/localizan-con-vida-un-pescador-que-caia-a-auga-en-canduas/