Chega ás praias da Costa da Morte parte da carga que perdeu o buque "MSC Eloane"

Esta mañá chegaban a praia do Rosto restos de leite en polvo, paquetes de tabaco e “tortitas” Esta mañá comezaron a chegar a terra unha boa parte da carga que perdía a unhas 40 millas da costa de Fisterra o pasado venres 5 de xaneiro o buque "MSC Eloane", con bandeira de Liberia. Así, a praia do Rostro - Fisterra - amenceu esta mañá con botes de leite en polvo (a maioría en bo estado), pan embolsado ("tortitas") e paquetes de tabaco. A mercancía tamén chegou a outras praias da Costa da Morte.
O buque "MSC Eloane" perdeu o pasado 5 de xaneiro parte da súa carga a 40 millas de Fisterra  
A maior parte do leite en pó infantil está en bo estado O mal tempo dos días pasados impediu que os equipos de emerxencias retirasen eses contedores que segundo indicaban no seu momento "supoñían un perigo para os barcos que pasan a diario polo Corredor" polo que Salvamento Marítimo pedían que o resto das embarcacións extremasen as precaucións.
O buque perdeu entre 35 e 40 contedores nos que transportaba mercadorías non perigosas   Praia de Lourido
Á praia de Lourido, en Muxía, tamén chegou esta mañá parte da carga do buque. Imaxe: José Manuel Riveiro Tamén se poden ver restos da carga do buque na praia de Lourido, en Muxía, tal e como o mostra esta imaxe tomada por José Manuel Riveiro. En Lires
Leite en polvo, tabaco, laranxas e outro productos chegaron esta mañá á praia de Lires Lires foi outra das localidades ás que chegaron restos da carga do buque "MSC Loane". Aquí chegou leite en polvo infantil, paquetes de tabaco, laranxas e incluso cartuchos de tinta para impresora.
Foron varios os veciños e veciñas dos lugares os que se achegaron ata os areais A historia dos Crebinsky Unha historia similar serviu de argumento para o galardoado filme "Crebinsky". As "crebas" en forma de leite condensado que chegaron ás costas da comarca e que a xente comezou a empregar como se fose pintura. Pronto se percataron que o producto non estaba recibindo o uso axeitado cando os mosquitos comezaron a quedarse pegados nas fachadas das casas.  

Novas relacionadas

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)