Comidados en Muxía 230 quilos de merluza de talla inmatura

As merluzas apenas medían 15 cm, cando a talla mínima de comercialización debe ser de 25

O Equipo de SEPRONA adscrito á garda Civil de Corcubión e o Servizo de Guardacostas da Xunta de Galicia con Base en Muxía, procederon á aprehensión de 230 kilogramos de merluza de talla inmadura, carioca. Os peixes apenas alcanzaban os 15 centímetros, cando a talla mínima para a súa comercialización é de 25cm.

Os feitos sucederon a pasada noite do 27 de abril nun servizo coordinado ao obxecto de controlar a talla da pesca. Por todo iso interceptouse un autobús no que viaxaban marineros que viñan de barcos de arrastre con base en Ribeira, Afanuda e MaparII e, trala inspección de pertenencias puidéronse achar a totalidade dos especímenes.

O peixe intervido entregouse baixo recibo en centro benéfico da localidade de Camariñas, Cáritas e procedeuse á confección das pertinentes denuncias administrativas que foron remitidas á autoridade competente da Xunta de Galicia.

Fonte

  • Garda Civil.