De Muxía a Muros, facendo o Camiño… por mar

Sail de Way dende Muxia co Cabo Vilán ao fondo

Fermosa iniciativa peregrina a “Sail The Way”. Este pasado domingo completaban o Camiño chegando ao Obradoiro dende Muros, pero antes realizaron unha fermosa peregrinación marítima dende Muxía ata Muros.

Foron un centenar de navegantes a bordo dunha trintena de embarcacións de nacionalidade española e francesa os que completaron o camiño dende Hondarribia ata o Obradoiro, pasando pola Costa da Morte, e rematando polo Camiño Inglés de Muros, deixando unhas estampas verdeiramente impresionanres no noso mar.

Unha travesía en grupo organizada por Northmarinas para dar a coñecer esta novedosa peregrinaxe por mar, nunha cita na que ademais Muros repite así como porto de parada de iniciativas singulares, como acontecía o pasado mes de maio coa chegada do barco do Desafío Tras la Ela.

Sail de Way saindo de Muxia
Sail de Way entrando en Muros

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-barco-do-desafio-tras-la-ela-en-vela-visualiza-a-esclerosis-lateral-amiotrofica-cunha-viaxe-de-euskadi-ata-muros/