Os pescador afeccionado de Ponteceso, Sergio Amado, pescou un róbalo de 8.300 kg
Menuda peza cazaron dous pescadores de Bergantiños. Sergio Amado, un pescador afeccionado de Ponteceso, saía o pasado domingo 3 de xuño, pola mañanciña, á zona das Garzas, en Barizo, Malpica, onde estaba o mar algo máis tranquilo do habitual. Pero a mañá traía sorpresas.
Notou un picadón e de contado pediulle axuda ao seu compañeiro de pesca, Emilio Cambre, porque xa notou que era un peixe de porte grande. Entre os dous, controlando as ondas, conseguiron traela a terra. Sergio douna varado e Emilio botoulle as mans para que non volvera ao mar.
”Un peixe dese tamaño non se soe coller, pois soen ser de 2, 3, 4 ou 5 kilos máximo”, recoñece Cambre, i é que un de 8.300kg non se collen todas as saídas. A peza foi para o forno, para unha comida familiar.
Cambre, da tenda A Bordo e organizador da Quedada de Spinning de Corme, sabe como tirar dunha peza semellante, pois o 13 de decembro 2016 Emilio collera unha de 8.350kg.
Cambre destaca “a voracidade coa que tragou o señuelo, pois chegou ata case o estómago”. Ademais valora que “o spinning de robaliza, cada vez é máis complicado coller pezas grandes, porque van escaseando as boas capturas, pero a receta máxica é insitir, insistir. Sobre todo hai que disfrutar da pesca”.