O vindeiro domingo 4 de novembro celébrase a III Quedada de Pesca de Fondo e Spinning Costa da Morte, que se celebra entre o Faro Nariga e a desembocadira do río Anllóns, organizada polo Club de Pesca Nororeste mais a Tenda de pesca A Bordo de Ponteceso.
Había que repetir despois do éxito do ano pasado, que contou con 55 persoas e este ano seguramente serán máis.
A saída será ás 7:30h, e cada pescador escollerá a súa zona escollida para pescar. Ao remate quedarase sobre as 12:30h na zona do porto, onde se farán as pesadas, e de seguido xa se irá á Cervería O Biscoteiro de Corme, e se vexarán os premios (cada ano máis importantes) se ben todo o mundo levará un detalle.
Inscricións
As inscricións xa as podedes facer antes do 31 de outubro nos teléfonos 881 984 914 ou 699 234 780. A cota de inscricións (que inclúe a pesca e a comida) é de 20€. Os acompañantes que vaian só a Corme son 15€, e o menú infantil 10€.