Gardacostas decomisa máis de 1000 aparellos e 500 kg de peixe e marisco furtivo na ría de Muros e Sardiñeiro

Peixe ilegal incautado nun operatido do ano pasado en Fisterra hai varios anos

Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, requisaron máis de 1.740 quilos de peixe e marisco e 1.123 aparellos de pesca en diferentes operativos realizados nos últimos días en toda Galicia. E boa parte deles tiveron lugar nas nosas rías.

A Ría de Muros e Noia foi escenario de diversas actuacións contra o furtivismo nas que os axentes se fixeron con máis de 506 aparellos de pesca e 96 quilos de peixe e marisco. Na actuación máis destacada os inspectores incautaron 255 nasas e cacharros de polbo e 55 quilos desta especie.

Ademais na Costa da Morte os axentes realizaron diversos operativos contra a pesca ilegal. Neles fixéronse con máis de 363 quilos de especies, 504 aparellos de pesca e 750 metros de artes de enmalle. A actuación máis relevante foi na zona do Sardiñeiro, en Fisterra, onde os axentes incautaron 250 cacharros para polbo, 6 nasas viveiro, 1 liña de fondeo e 15 sacos de rede. Nesa mesma operación tamén se fixeron con 272 quilos de peixe e marisco variado, a maioría mexillón de rocha.

Novas do mar

Artigos para calafatear

Fonte

  • Consellería do Mar.