Nova solta formativa de xuvenís de lubrigantes en Lira

Chamarlle a día de hoxe Reserva Mariña podería ser algo arriscado. Pero a zona dos Miñarzos, en Lira, será sempre unha zona privilexiada en canto a especies. A Xunta segue sen facer absoluntamente para coidar este tesouro de fauna mariña no corazón da Costa da Morte, e se remite a facer unha serie de soltas de xuvenís de lubrigantes. Unhas soltas suxeitas unicamente a un programa educativo do Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa).

Dende 2012, o alumnado do Instituto Galego de Formación en Acuicultura soltou uns 4.200 exemplares na zona. Todos eles cunha marca microscópica cun código gravado que permite a súa localización cos detectores especiais que están distribuídos nas lonxas da zona, ppoidendo alcanzar a talla comercial nuns 4 anos e medio.

Son exemplares duns 6 centímetros de lonxitude, cultivados polos alumnos e as alumnas do Igafa nas súas prácticas de estudo e que os seus proxenitores son salvaxes e proceden das rías galegas. Todos eles, engadiu, levan inserida unha marca microscópica cun código gravado que permite a súa localización cos detectores especiais que están distribuídos nas lonxas da zona.

Novas relacionadas

Máis novas

  • 11-03-15: Novos alevíns de lubrigante medran na Reserva Mariña dos Miñarzos.
  • 12-02-15: A Reserva dos Miñarzos, aínda un exemplo mundial de pesca sustentable.
  • 10-02-14: “A situación da Reserva Mariña dos Miñarzos sen vixilancia é criminal”.
  • 04-01-13: A Reserva Mariña dos Miñarzos abre as súas cancelas.
  • 30-12-13: A confraría de Lira pide video-vixilancia ante a ondanada de roubos en Portocubelo.
  • 11-03-13: A Reserva Mariña de Lira sobrevive a base de autoxestión:
  • 20-02-13: A Reserva Mariña de Lira volve ao Parlamento.
  • 13-08-12: A Confraría de Lira amosa o seu asombro ante as recriminacións da Xunta.
  • 09-08-12: Da vixilancia nos Miñarzos: A Reserva de papel.
  • 2010: Segunda solta de alevíns de lubrigante en Lira.
  • 2008: Novos alevíns de lubrigante nos Miñarzos.
  • Máis novas sobre Lira

    Fonte

    • QPC.