O Grupo de Acción Local de Pesca aproba cun orzamento de 20 millóns de euros a súa estratexia 2014-2020

A xunta directiva do GALP aprobou a estratexia 2014-2020 A xunta directiva do Grupo de Acción Local de Pesca - GALP - aprobou onte a estratexia para o periodo 2014-2020 do programa de axudas Fondo Europeo Marítimo de Pesca. Segundo informan os directivos, a estratexia aprobada contempla un importe de trece millóns de euros de axuda, cun investimento total para o programa de 20 millóns de euros. Ata o 2020 traballarán no mantemento da actividade vinculada ao mar; na extracción de insumo das actividades marítimas - especialmente da pesca artesanal - para outras actividades productivas; reforzamento dos elementos medioambientais e patrimoniais - tradicional, cultural material e inmaterial -; compatibilización do aproveitamento dos elementos medioambientais e patrimoniais para a diversificación; compatibilización do aproveitamento dos elementos medioambientais e patrimoniais para a diversificación e adquisición de capacidades esenciais para a diversificación do sector do mar. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
  • Galp
Novas relacionadas