O PSOE levará o eterno problema do saneamento do Pindo ao Parlamento
O silencio administrativo segue a ser o protagonista do problema do saneamento do Pindo. Coa Xunta retrasando unha e outra vez a entrega da obra do necesario colector, tócalle agora ao grupo da oposición do PSOE move ficha. Levan meses pendentes do problema, e este venres 22 de marzo o voceiro local Suso Campos e a deputada autonómica Loli Toja estarán na vila carnotá para compartir cos veciños o manifesto que presentarán no Parlamento de Galicia nos vindeiros días.
Un manifesto para intentar buscar solucións ata o eterno retraso da posta en marcha da conexión coa EDAR municipal de Carnota. Nel, o PSOE preguntará so Goberno galego se é consciente dos graves inconvintes que está a sufrir a veciñanza do Pindo; cando considera o gobeno galego que se vai poder entregar a obra do colector que une o Ézaro e a EDAR e que pasa polo Pindo; e que medidas e que prazos vai poñer en marcha o goberno galego para solucionar este problema.
A visita será o venres ás 17:00h no Sol e Mar do Pindo.
Novas relacionadas
- Marzo 18: A Xunta segue retrasando, mes a mes, a entrega da obra de saneamento do Pindo.
- Decembro 17: O Pindo sae á rúa esixindo unha solución ao saneamento.
- Novembro 19: O Pindo segue pendente do saneamento e da reconstrución dun mallado paseo marítimo.
- Outubro 17: Unha analítica demostra a necesidade de solucionar o saneamento do Pindo.
- Setembro 17: Co cú ao aire fronte a falta de saneamento no Pindo.
- Setembro 17: O Pindo mobilízase contra os cheiros.
Outras novas
- “As toallitas que se tiran polo váter é un dos grandes problemas das depuradoras”.
- Os actores involucrados debatiron sobre o saneamento e contaminación orgánica do mar ante unha gran expectación.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).