Requisan outras 100 nasas sen idenficar nas rías costeiras

Nasas requisadas na ría de Corcubion

Novos, pero pequenos, operativos contra o furtivismo na Costa da Morte. Insuficientes, tendo en conta incidentes como o que acontecía o pasado mes de xullo en Corme, onde o coche dun vixilante era saboteado, e sufría o pinchazo das 4 rodas e unhas salpicaduras de ácido.

Desta volta, os Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, requisaron na zona 49 nasas que estaban sen identificar e preto de 15 quilos de peixe e marisco. Ademais na ría de Corcubión incautaron 42 nasas por estar sen identificar e en zona prohibida e comisaron 11 quilos de polbo. Unha acción que se une ás a href=/requisan-320-nasas-ilegais-en-corcubion/>320 nasas requisadas hai apenas dúas semanas

Novas relacionadas

Artigos para calafatear

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Consellería do Mar.