Rescatan heroicamente un home nas augas de Mar de Fóra

A praia de Mar de Fóra, como a do Rostro, soe vivir episodios desgraciados-Foto-Marcos Rodríguez

Xa viña en camiño o Helicóptero de Salvamento, pero ao non termos unha base eficiente, este tardaba demasiado. Un home lanzábase á auga en Mar de Fóra e a forte oleaxe non lle deixaba volver a terra. Durante máis de 40 minutos, as ondas achegábano e devolvíano para o medio do mar, ata que nunha destas, o membro de Protección Civil, Pablo Casais, e o Policía Local Manolo Lagoa, lanzáronse por el, agarrárono e salváronlle a vida.

Puido dar a volta o helicóptero antes de asomarse pola volta, unha vez que se cercioraron que o cidadán holandés atopábase en boas condicións.

Outro exemplo máis do perigo do noso mar ante a inconsciencia e ignorancia dos visitantes, e da bravura das nosas forzas da orde. Mágoa que en AXEGA non recoñezan o traballo dos membros das forzas de seguridade e sinalen que "finalmente, o peregrino, ileso, conseguiu saír da auga polos seus propios medios".

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).