Rescatan un ancián que caeu ao mar en Corcubión
05 de xaneiro de 2017 (10:05 h.)
Un home foi rescatado esta madrugada despois de caer ao mar cando paseaba pola zona portuaria de Corcubión. Segundo se lle indicou ao 112, todo apunta a que a vítima se desorientou e acabou precipitándose á auga.
Unha persoa particular alertaba ao 112 Galicia da situación ás 0:15 horas desta madrugada. Segundo se recibiu o aviso, o persoal da central de emerxencias do 112 informou a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia e a Urxencias Médicas. Tamén se alertou a Protección Civil, á Policía Local e á Garda Civil.
Salvamento Marítimo mobilizou a embarcación Don Inda, que se encargou de rescatar ao ancián. Os efectivos sanitarios evacuárono nunha ambulancia ao Hospital de Cee.
Fonte
- AXEGA.