Rescatan un home cunha perna rota na punta Arnela

Imaxe da praia de Arnela

A mañá do domingo foi axetreada por Fisterra. Un particular alertaba ás 9:00h ao 112 da presencia dunha persoa que necesitaba axuda logo de caer nunha zona de difícil acceso na praia da Arnela, máis ou menos a un kilómetro do acceso a praia. O home estaba na punta da Arnela coa perna rota e non era quen de moverse.

Os Bombeiros de Cee, Protección Civil de Fisterra, Policía Local de Fisterra e a Garda Civil, conseguiron levalos ao punto onde se encontraban os sanitarios. Foi trasladado en ambulancia ao Hospital Virxe da Xunqueira.

Fonte

  • Axega.
  • Bombeiros de Cee.