Santos Santos abre en Compostela unha exposición sobre os percebeiros da Costa da Morte

https://www.facebook.com/santosfotosantos/videos/10217323604873240/?t=7

A expansión mundial do perigosísimo traballo dos percebeiros segue medrando. E non é de estranar, pois aínda que nos pareza o máis natural do mundo, noutras partes do planeta (e non tan lonxe), quedan abraiados cando ven eses documentais dos nosos percebeiros agatuñando as rochas e deixándose sobar polas ondas do fero océano Atlántico.

Seguro que pensan o mesmo os que pasen pola sala-restaurante "A NAVE DE VIDÁN" en Compostela, onde dende o pasado venres teñen pendurada unha exposición sobre sobre os percebeiros da Costa da Morte. É parte dun traballo máis grande e a longo prazo de Santos, sobre os bravos traballadores do noso mar. Nesta ocasión son fotos feitas non últimos cinco anos nos cantís de Corme e Muxía, acompañadas por un pequeno vídeo-pase de diapositivas.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/cineuropa-e-muxia-estrean-un-documental-sobre-a-vida-dos-percebeiros-de-muxia-tralo-prestige/ https://quepasanacosta.gal/un-dia-podeche-cambiar-a-vida-redbull-para-cos-percebeiros-de-corme/

Outros artigos sobre percebeiros

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).