Un ano de loita pola pesca artesanal dende a Costa da Morte

Mareas de xente apoiando a mobilizacion pola pesca de baixura no porto de Fisterra

Segue o cerco en loita, pero a problemática da pesca artesanal da Costa da Morte segue sendo un asunto de primeira orde, pola incidencia socio-económica deste sector na nosa bisbarra. E a súa loita non cede, e xa vai un ano dende que a confraría de Corcubión artella, cada mes e de porto en porto, unha mobilización pola pesca de baixura. En todo caso, por mor das eleccións estatais, van deixar as concentracións para o ano que vén.

Desta volta, o pósito corcubionés convocou a concentración que celebraba o primeiro ano de mobilizacións en Fisterra. A saída comezou no peirao e deuse un percorrido pola vila. A xente foi acompañada de pancartas, co propósito de queimar unha embarcación en representación a destrución da costa e dunha forma de vida tan arraigada na nosa comarca, como é a pesca. Porén despois de quince días de trámites e “papeleo” coa Subdelegación do Goberno e con Portos de Galicia, onte a última hora recibían na Confraría de Corcubión unha notificación das autoridades pola que se lles prohibía realizar a queima. Polo que non foi posible terminar como tiñan previsto.

O barco pola pesca sostible non puido ser queimado en Fisterra
Pola pesca de baixura en Fisterra

Contaron coa presenza, ademais de ducias de mariñeiros e familiares da zona, dos alcaldes de Fisterra e Corcubión e Juan Fajardo da AGE, que amsaron o seu apoio e descontento coa situación actual da pesca. Son moi boas palabras dende o sector político, pero a realidade é que por agora non houbo un só movemento a favor da pesca artesanal nos Parlamentos.

Así o denunciou o Patrón Maior corcubionés, José Domínguez Buiturón, que enfocou o seu discurso criticando a pesca de arrastre, pola súa agresividade cos fondos mariños. O Patrón lembrou as esixencias da Unión Europea ca sostibilidade, pero recoñeceu que “da teoría á realidade hai un treito ben longo”, lamentando que o sector político apoie á pesca artesanal sostible por diante dos arrastreiros, que “capturan miles de quilos diarios, sen reparar nin discriminar o que entra nas súas redes”; ou mesmo á acuicultura, moito máis apoiadas polas autoridades españolas.

Un ano de imaxes

Un ano de manifestacións pola Pesca de Baixura na Costa da Morte

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • Confraría de Corcubión.