Un ano de loita pola pesca artesanal dende a Costa da Morte
Segue o cerco en loita, pero a problemática da pesca artesanal da Costa da Morte segue sendo un asunto de primeira orde, pola incidencia socio-económica deste sector na nosa bisbarra. E a súa loita non cede, e xa vai un ano dende que a confraría de Corcubión artella, cada mes e de porto en porto, unha mobilización pola pesca de baixura. En todo caso, por mor das eleccións estatais, van deixar as concentracións para o ano que vén.
Desta volta, o pósito corcubionés convocou a concentración que celebraba o primeiro ano de mobilizacións en Fisterra. A saída comezou no peirao e deuse un percorrido pola vila. A xente foi acompañada de pancartas, co propósito de queimar unha embarcación en representación a destrución da costa e dunha forma de vida tan arraigada na nosa comarca, como é a pesca. Porén despois de quince días de trámites e “papeleo” coa Subdelegación do Goberno e con Portos de Galicia, onte a última hora recibían na Confraría de Corcubión unha notificación das autoridades pola que se lles prohibía realizar a queima. Polo que non foi posible terminar como tiñan previsto.
O barco pola pesca sostible non puido ser queimado en Fisterra Pola pesca de baixura en FisterraContaron coa presenza, ademais de ducias de mariñeiros e familiares da zona, dos alcaldes de Fisterra e Corcubión e Juan Fajardo da AGE, que amsaron o seu apoio e descontento coa situación actual da pesca. Son moi boas palabras dende o sector político, pero a realidade é que por agora non houbo un só movemento a favor da pesca artesanal nos Parlamentos.
Así o denunciou o Patrón Maior corcubionés, José Domínguez Buiturón, que enfocou o seu discurso criticando a pesca de arrastre, pola súa agresividade cos fondos mariños. O Patrón lembrou as esixencias da Unión Europea ca sostibilidade, pero recoñeceu que “da teoría á realidade hai un treito ben longo”, lamentando que o sector político apoie á pesca artesanal sostible por diante dos arrastreiros, que “capturan miles de quilos diarios, sen reparar nin discriminar o que entra nas súas redes”; ou mesmo á acuicultura, moito máis apoiadas polas autoridades españolas.
Un ano de imaxes
Un ano de manifestacións pola Pesca de Baixura na Costa da MorteNovas relacionadas
- 16-11-15: Camariñas tamén se move polo Cerco.
- A mensaxe do mar chega en botella.
- Outubro 15: Corcubión tamén sae de marcha pola Pesca Artesanal.
- Xullo 15: Unha manifestación por mar contra a pesca do arrastre.
- Xullo 15: As procesións marítimas do Carme, outro gran tesouro etnográfico da Costa da Morte.
- Xuño 2015: A marea de mariñeiros volve alzala voz en Fisterra contra o arrastre.
- Maio 2015: Camariñas acolleu unha nova manifestación pola pesca artesanal.
- Decembro 2014: : Apoio multicolor á pesca de baixura.
- 24-11-14: A baixura costeira segue mollándose.
- 19-11-14: A defensa da pesca de baixura tamén chegará aos plenos municipais.
- Novembro 2014: A baixura galega pelexa polo seu futuro en Corcubión.
- 13-11-14: A pesca artesanal pide sardiña.
- Outubro 2014: A pesca artesanal álzase contra o arrastre con concentracións en Corcubión.
Máis novas
- Lonxanet leva o exemplo da pesca artesanal costeira á ONU.
- A Reserva dos Miñarzos, aínda un exemplo mundial de pesca sustentable.
- A solta de alevíns na Reserva Mariña, mera acción formativa.
- Asoar traslada aos eurodiputados as demandas do xeito.
- 30-09-14: O peche da sardiña pon contra as cordas ao sector do xeito.
- Alarmante situación a da pesquería do polbo.
- A pesca artesanal responde á Xunta que quere seguir sendo artesanal.
- A Costa da Morte presente na nova Plataforma de Pesca Europea Artesanal LIFE.
- A loita polas cotas da pesca artesanal chega ás rúas de Bruxelas.
- Un berro pola pesca artesanal.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Confraría de Corcubión.