Unha marea de solidariedade 15 anos despois

Tal día coma hoxe de 2002, o movemento espontáneo que logo se dou en coñecer coma "Marea Branca" polo Prestige, alcanzaba o seu zenit.
Unha incómoda Imaxe do Prestige en Corcubión - Foto- Felipe Garcia Mais de 2000 persoas chegaban naquela ponte festiva a Fisterra, Muxía, Cee ou Laxe para axudar nas tarefas de limpeza do desastre orixinado pola marea negra do Prestige. Mais de dúas mil almas que se unían aos milleiros que xa chegaran desde que o día 19 de Novembro o petroleiro comezara a verquer toneladas e toneladas de fuel a esgalla ao longo do litoral da bisbarra. Todo un reto para os encargados de coordenar e dar manutención a toda esa xente naquela ponte na que os ollos do mundo estiveron fixos en Muxía e na bisbarra.