Unha nova limpeza libera de plásticos a reserva “Os Miñarzos”

Limpeza de traballadores de Stolt nos Miñarzos Máis de vinte traballadores de Stolt Sea Farm, en plena xornada laboral do pasado mércores, adicáronse á limpeza da costa desde o porto de Porto Cubelo ata a praia de Simprón en Lira, concello de Carnota. A zona, coñecida como Os Miñarzos, é a primeira Reserva de Interese pesqueiro da costa atlántica na península Ibérica, creada pola Confraría de Pescadores de Lire coa intenciónde conservar mellor as especies explotadas. A empresa acuícola ten unha da súas granxas no perímetro da reserva que se estableceu anos despois da existencia da granxa. E por iso comprométese para manter ben limpa a contorna, no marco do programa de convivencia entre equipos que a empresa ten nas súas diferentes unidades e dentro do seu claro compromiso co medio ambiente. Así, a limpeza articulouse a recollida en grupos de dúas persoas e conseguiron retirar mais de dúas toneladas de plástico.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/unha-limpeza-moi-acuicola-da-illa-do-castelo/ https://quepasanacosta.gal/unha-beca-acuicola-para-aprender-a-excelencia-culinaria-en-nova-iorque/