“O 100% do territorio de Mazaricos está cuberto con internet vía satélite”
Así anunciou a subdelegada do goberno na Coruña, María Rivas, en Mazaricos, os avances do plan de dixitalización do rural galego. Acompañada do alcalde Juan José Blanco Riveiro (BNG), o teniente alcalde Jorge Villar, e os edís da oposición Javier González Trillo (EC) e José Manuel Caamaño (PP), analiazron os investimentos que o Goberno de España leva realizados no municipio.
Rivas lembrou iniciativas como a da ‘Administración cerca de ti’, coa que o goberno central de achegar os servizos da Administración xeral do Estado á veciñanza dos municipios de menor poboación; ou a posta en servizo dos VIDOC da Policía Nacional que permiten renovar documentos de identidade, entre outros trámites e que estará prestando servizo en Mazaricos en próximas datas; ata os investimentos para garantir o acceso a unha rede de internet adecuada en calquera núcleo poboado.
Neste senso, a subdelegada lembrou que a veciñanza xa pode solicitar ás súas compañías o acceso a internet mediante os sistemas vía satélite, habilitados nas zonas onde non chega a conexión vía cable, pero que garante igualmente unha rede fiable e segura. “Este servizo, que forma parte do Programa UNICO, garante a cohesión territorial a través dos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno”, destacou María Rivas.
Aproveitaron tamén para destacar as políticas de igualdade, como o pacto do estado de Viogen, ou do aporte estatal para a mellora de eficiencia enerxética, área na que o Goberno vén de investir preto de 640.000 euros para a renovación de todo o seu alumeado público, uns traballos que xa foron realizados e dos que a cidadanía xa pode desfrutar no seu día a día.