A vaca mellor poxada quedou na gandería local SAT Busto-Corzón
Unhas 3.000 persoas volveron demostrar que a #SemanaGandeira de Mazaricos está entre as máis importantes do país. Despois de toda unha semana de actividades para escolares e familias, o recinto polivalente vestiuse de gala para unha cita na que participa todo Mazaricos. Profesionais do sector, con toda a familia, puideron disfrutar dunhas xornadas completas, que demostran que a MZ está feita con leite de vaca.
A gran cita sempre é a dominical, a da Poxa de Xovencas. Saíron á poxa 20 xovencas de alta xenética. As mellores poxadas foron un exemplar da gandería Cunordam de Zas e outra de SAT A Campa. A primeira delas tivo un prezo de saída de 2400€ e vendeuse por 3000€ á explotación Rubio SC de Santa Comba. A segunda empezou en 2100€ e vendeuse por 3250€ e quedou na SAT Busto Corzón, de Mazaricos. Estas dúas vacas foron manexadas polo subcampeón europeo de manexo Avelino Souto.
Con todo, ningún dos exemplares baixou dos 1800€ e só 3 foron mercados por menos de 2000€. O montate total da venda foi 43.300€.
As actividades sociais, o gran salto
Actividades sociais na Semana Gandeira de Mazaricos
Volveu demostrar Mazaricos que o gran salto de calidade desta Semana Gandeira vén da man das actividades sociais que artella a asociación Eu Son Mazaricos. Un xeito de abrir a cita a toda a familia, non só aos profesionais do sector, que permite ademais espallar a cultura gandeira polo país.
Así, durante o sábado, os que encheron o recinto foron rapaces e rapazas que elaboraron un graffiti e unha maqueta da vila, que disfrutaron montando o touro mecánico, que tivo cola ata última hora da tarde. Fíxose entrega dos premios do concurso de fotografía e houbo unha boa a merendola ás persoas asistentes.
O touro mecanico que acompanou a Mazarica na Semana Gandeira
Unha das gañadoras do Premio Retrata Mazaricos
Xornadas Técnicas
As xornadas técnicas do sábado abordaron o benestar animal coa intervención de Juan Manuel García Castro, un dos veterinarios locais. Por outra banda, Javier López, responsable para España e Portugal da firma Kemin que tratou como procesar ben o millo. Pedro Sedano de Qualivet explicou aos presentes como manter o remolque mezclador do alimento das vacas.