900 comensais para celebrar os 20 anos do Xantar de maiores de Mazaricos

Quedou pequeno o polideportivo da Picota para unha nova edición, xa a 20ª, do Xantar das persoas maiores. Preto de 900 maiores gozaron coa empanada, o polbo e a carne ao caldeiro e o postre. Estiveron arroupados por diversos representantes do asociacionismo do Concello decidiron acompañalos, ademais das 50 persoas que formaban o persoal da empresa de catering.

Non faltou a música grazas ao grupo de gaiteiros O Verán e a orquestra Élite, que fixeron bailar a moitos máiores que recibiron así, unha fermosa homenaxe.

Domingo de etiqueta Novas relacionadas

Novas relacionadas coa caída poboación

  Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)