A MZ, no centro do sector gandeiro galego ca súa gran #SemanaGandeira

Imaxe da Poxa da Semana Gandeira de Mazaricos 2017

Que a #SemanaGandeira de Mazaricos sexa unha das máis importantes de Galicia xa o sabíamos. E comprobámolo esta semana coas actividades sociais que tanto impulso lle teñen dado nos últimos anos.

Por exemplo, o obradoiro de produtos lácteos co que se abría o programa e a través do cal unha ducia de persoas aprenderon a facer queixo galego, requeixo, iogur, manteiga, e ata cualladas. Lidia Ferreras, bióloga do Instituto Lácteo Gallego, foi a mestra para espallar estes coñecementos que nunca se deberían perder nunha comarca leitera como a nosa, na que aínda non hai iniciaticas de transformación. Nese sentido incidiu o alcalde Juan José Blanco, repasando a necesidade de que comece a haber industria de transformación no concello mazaricán.

https://www.facebook.com/concello.demazaricos/videos/202040060700429/?t=1

Selección completa para a Poxa de Xovencas

É a Poxa de Xovencas a gran cita da fin de semana, sen dúbida, a Cibeles do sector gandeiro galego. Arredor das 2.000 persoas, chegadas de toda Galicia, encherán o domingo o recinto feiral durante a poxa, para que nos decatemos da súa incidencia.

Xa está pechada son as vacas seleccionadas, e sde Africor aseguran que “os 24 animais seleccionados son dunha calidade excelente”. Os exemplares proceden das ganderías Avelino Castro, de Arzúa; Caramuxeiro, de Dumbría; Carreira de Colúns, de Mazaricos; Casa de Moreira, de Zas; Casiano, de Outes; Corna, de Santa Comba; Cunordam, de Zas; Nuveira, de Mazaricos; Granxa o Canteiro, de Vimianzo; Santa Cristina, de Curtis; SAT A Campa, de Curtis; SAT A Farrapa, de Negreira; SAT Pose e García, de Ponteceso e Vieites de Trazo. Repite a gandería da que saíu a vaca máis codiciada da poxa do ano pasado, a Megabimba de SAT A Campa pola que se pagaron 3.650€.

Actividades sociais

Como recoñecía o propio presidente da Asociaciónd e Gandeiros, a implicación das actvidades sociais foi fundamental para o salto de calidade que deu a Semana da MZ nos últimos anos.

Actividades como o Concurso de Fotografía “Retrata Mazarico”. A asociación Eu Son Mazaricos xa ten colgado no seu facebook o album de fotografías para que o público decida a imaxe gañadora da categoría “a máis votada”. No caso do concurso “1,2,3 responda outra vez: que significan para ti as vacas?” estará aberto ata o día 29 ás 12 da noite.

Tamén está a ter éxito a convocatoria de actividades infantís que xa conta con diversos nenos e nenas apuntadas para o obradoiro de graffiti, a elaboración dunha maqueta de Mazaricos, o touro mecánico, que fará compañía á Mazarica durante a fin de semana.

Xa podedes botar no Facebook de Eu Son Mazaricos polas mellores fotos

Xornadas Técnicas

Xa tendes ademais na rede o completo programación das Xornadas Técnicas, outra das citas que son fundamentais par ao sector.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-semanagandeira-de-mazaricos-e-a-gran-referencia-na-provincia-e-unha-das-duas-mais-importantes-de-galicia/ https://quepasanacosta.gal/voltamos-a-mazaricos-para-que-a-nosa-filla-saiba-o-que-e-vivir-aqui/ https://quepasanacosta.gal/as-explotacions-gandeiras-de-santa-comba-e-mazaricos-as-meirandes-beneficiarias-das-axudas-da-xunta/