A artista mazaricá Yas Deluaces tende pontes entre a tradición galega e o flamenco no encontro estatal Interritmos
07 de maio de 2026 (07:46 h.)
Vai tardar pouco Yas Deluaces en romper o telón de grelos e saír polo mundo a demostrar a súa arte. A música mazaricá leva anos mesturando a música tradicional con outros sons, e precisamente esa maridaxe fai que sexa a protagonista do encontro Interritmos Raíces Vivas que se celebrará na Picota o vindeiro 8 de maio.
A cantante e compositora do municipio acompañará a Yolanda Osuna e Xurxo Fernandes nunha xornada que une tradición galega e flamenco, cunha degustación de produtos locais ao remate. O evento celebrarase o venres 8 de maio ás 18:00 horas e require inscrición previa por aforo limitado.
Para coñecer un pouco máis á artista, escoitamos este discurso como finalista da quinta edición da «Bolsa ensaia», este mes de febreiro: