As Andainas da Costa da Morte visitan Mazaricos

O vindeiro sábado, día 10, a 5ª edición do programa de Andainas Coñece a Costa da Morte percorren o concello de Mazaricos. A ruta da Pontenova é circular e ten 13 quilómetros de distancia. A saída é ás 10 horas da casa do concello, na Picota. Os interesados en participar na andaina deben enviar un correo electrónico a deportes@vimianzo.gal antes do 8 xuño ás 14 horas indicando nome, apelidos, data de nacemento, DNI, número de teléfono e lugar de residencia.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).