As últimas novidades da maquinaria agrícola citáronse en Mazaricos

Unha gran cantidade de maquinaria agrícola concentrouse esta fin de semana nos exteriores do multiusos da Picota Máis dun millar de persoas pasaron a pasada fin de semana pola Xuntanza de Maquinaria Agrícola de Mazaricos  - XUMAGRA -. Un dos puntos de maior atracción foron os trinta expositores que levaron o máis moderno da maquinaria agrícola ao multiusos da Picota. Pese á variedade da oferta, os modelos que máis éxito colleitaron foron os grandes tractores de Class, Fendt e Deutz- Fahr con 300 cabalos de potencia e equipados con todas as novas tecnoloxías asociadas á comodidade do agricultor. Espertou de xeito particular a curiosidade dos asistentes un tractor Deutz do ano 1942 que un dos expositores levou. Xumagra tamén acolleu unha exposición de vehículos novos e de ocasión de varios concesionarios da bisbarra. Ao rematar, xusto enfronte, unha pulpeira despachou comida a todas as persoas que decidiron rematar alí a súa xornada de maquinaria agrícola.
Máis dun millar de persoas visitaron esta fin de semana a primeira xuntanza de maquinaria agrícola de Mazaricos “Esta primeira edición de Xumagra é o primeiro chanzo para continuar a remarcar a vocación agrícola do noso municipio. Tamén é unha maneira de complementar a convocatoria da semana Gandeira”; sinalou o alcalde de Mazaricos, Juan José Blanco Riveiro. Pola súa banda, o presidente de Gandeiros de Mazaricos, Óscar Blanco, tamén organizadores do evento, dixo sentirse “satisfeito” e “convencido de que haberá outra edición” Novas relacionadas Fonte
  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Mazaricos