As vacas van ao ximnasio de Mazaricos

Xa se puideron ver esas características camisolas de vaca, coa MZ gravada a lume, rondando polo novo xinmasio de Mazaricos. Veciños e veciñas de todas as idades ateigaron a nova infraestrutura municipal durante a súa inauguración, este pasado sábado. Foi unha xornada de portas abertas e ninguén quixo perder a ocasión de ver por dentro as máquinas e coñecer as actividades que se realizan.

Houbo sesións (agora chamadas masterclass) de zumba, spinning ou jump, entre outras modalidades, ás que os veciños xa se poden apuntar. O alcalde, Juan José Blanco Riveiro lembrou que era unha das promesas do programa electoral e recordou que parte dos fondos son da Deputación.

Veciños de Mazaricos probando o novo ximnasio
A campioa Rocio Alvite no ximnasio de Mazaricos

Fonte

  • Concello de Mazaricos.